13 abr 2017

Presentación “Historias de galegos extraordinarios”

Presentación “Historias de galegos extraordinarios”
Día: 2 de maio
Hora: 20:30h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Asociación Queremos Galego Marín
A Asociación Queremos Galego Marín, dentro da súa sección o “Tiraverbas”, presentará o martes 2 de maio ás 20:30h no Museo Manuel Torres o novo libro do xornalista do Faro de Vigo, “Historias de galegos extraordinarios”, Salvador Rodríguez.
Historias de galegos extraordinarios é un conxunto de historias que rescata do esquecemento un puñado de homes e mulleres protagonistas de historias insólitas. Galegos na guerra de Vietnam ou no campo de concentración de Mauthausen comparten estas páxinas xunto a outros que viviron fazañas excepcionais, algunhas tamén infames, en diferentes momentos históricos. Xentes tan dispares como o fotógrafo de Gardel, a menina de Velázquez, a guerrilleira que militou xunto a Fidel Castro ou o marabilloso mago Waldemar.
Salvador Rodríguez é licenciado en xornalismo pola Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid. Forma parte da redacción do Faro de Vigo e foi coordinador do suplemento cultural Faro da Cultura. É autor de libros como “Fins do mundo”, “La hija de Sherlock Holmes”, “Entre Fisterras. Conversas con Carlos Núñez”, “Memoria de náufragos” ou “Libertarios”.
O autor estará arroupado durante a presentación pola directora e responsábel de comunicación da editorial Belagua, Edurne Baines e polo músico Emilio Rodríguez Miranda quen tocará unhas pezas musicais.


No hay comentarios:

Publicar un comentario