11 abr 2017

Presentación “Non des a esquecemento”

Presentación “Non des a esquecemento”
Día: 25 de abril
Hora: 20:30h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín
A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín organiza este martes, 25 de abril, dentro dos seus actos de celebración da proclamación da II República, a presentación do libro “Non des a esquecemento” de Luis Bará.
No acto que terá lugar a partir das 20:30h na biblioteca municipal de Marín, ademais de intervir o propio autor, tamén falarán a escritora Montse Fajardo -autora de “Un cesto de mazás- e a presidenta da asociación Enriqueta Molas.
No libro, editado polo Instituto de Estudos Miñoranos, Luís Bará recompila relatos do xenocidio fascista en Galiza, da resistencia e da solidariedade, recompilados e plasmados no seu blog ao longo de tres anos; episodios da represión en Vilaboa, o seu concello natal, testemuñas sobre mulleres represaliadas, crónicas do terror vivido en San Simón... e historias acontecidas en terras de Pontevedra, O Morrazo, Vigo ou o Salnés.



No hay comentarios:

Publicar un comentario