Homenaxe na Raña da APRMHM
Día: 23 de decembro
Hora: 12h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín
Hora: 12h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín
Este
sábado, día 23 de decembro, a Asociación pola Recuperación da Memoria
Histórica de Marín organiza un acto ás 13 h que consistirá na colocación
dunha placa no muro do cemiterio de A Raña, para sinalar este lugar da
memoria.
Entre
os diversos sucesos acaecidos na contorna, a APRMHM lembra un especialmente
tráxico: o 7 de decembro de 1936 aparecen os corpos dos veciños da vila de Bueu
Francisco Escáneo Franco e Francisco García Villanueva, concelleiros, e de
Xacinto Lamosa Novas, Xosé Seixas Camiña e Xulio Castro Martínez, dirixentes
obreiros; asasinados nas inmediacións do cemiterio municipal de Marín.
Antes
do citado acto, ás 12 h. no Museo Manuel Torres, a Asociación Amigos de
Johan Carballeira, de Bueu, presentará o traballo de investigación "Crónica
da represión en Bueu no golpe militar do 36".
No hay comentarios:
Publicar un comentario