6 abr 2018

Charla “El hebreo que descubrió América”


Charla “El hebreo que descubrió América”
Día: 20 de abril
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Club de Opinión Portocelo
O Club de Opinión ‘Portocelo’ inicia a programación do segundo trimestre do ano cunha interesante charla coloquio co suxerente tema da orixe de Cristóbal Colón de fondo sobre o que, baixo o título de ‘El hebreo que descubrió América’ ofrecerá, no Museo M. Torres o próximo día 20, venres, o escritor e ensaista Pedro de Lorenzo Macías.
O poñente presentará a nova teoría, resultado de 17 anos de investigación na biblioteca dos Padres Mercedarios do mosteiro de Poio sobre a orixe galega de Colón que ademais de pontevedrés sería xudeu, contradicindo as teses que sinalan que naceu en Portosanto-Poio. Tras a disertación, que estará apoiada con documentación audiovisual, Pedro de Lorenzo compartirá cos asistentes as seis inducións que o levan a concluír que Colón era un hebreo nado no barrio da Moureira de Pontevedra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario