19 abr 2018

Concerto de The Swinging Flamingos


Concerto de The Swinging Flamingos
Día: 20 de abril
Hora: 20:30h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
Este venres, 20 de abril, o local do Ateneo Santa Cecilia, na rúa do Forno 42, acollerá a partir das 20:30h o concerto de jazz do grupo The Swinging Flamingos.
O grupo The Swinging Flamingos ofrecerá unha elegante mestura de swing, jazz nunha conxunción musical que busca trasladar nun formato reducido a esencia das grandes bandas norteamericanas. Disto encargaranse Alex Salgueiro ao órgano hammond, Antonio Otero coa voz e o saxo tenor e Chus Pazos á batería.
The Swinging Flamingos nesta ocasión farán versións de Count Basie e Frank Sinatra entre outros.
Os seus integrantes son músicos con ampla formación musical nos máis prestixiosos conservatorios españois e europeos. Tocaron cos máis significativos músicos de swing e jazz, e obtiveron destacados premios nos seus concertos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario