3 may 2018

Xornada Mª Victoria Moreno


Xornada Mª Victoria Moreno
Día: 4 de maio
Hora: 20:30h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
Este venres, día 4 de maio, o Ateneo Santa Cecilia organiza unha xornada dedicada a Mª Victoria Moreno, a escritora a que se lle dedica este ano as Letras Galegas 2018.
O acto terá lugar as 20:30h no local do Ateneo sito na Rúa do Forno nº42, baixo e falará sobre María Victoria o profesor que foi compañeiro seu, Anxo González Guerra, que nos ofrecerá unha visión humana e docente desta recoñecida escritora, poeta e gran persoa.
A poeta Iria Piñeiro recitará diversas obras súas mentres proxecta o seu documental "Uralita".
A entrada a este acto será totalmente libre para todas aquelas persoas que estén interesadas en coñecer algo máis de preto a escritora homenaxeada este ano no día das nosas Letras.


No hay comentarios:

Publicar un comentario