5 abr 2018

Concerto de Urbano Carrera


Concerto de Urbano Carrera
Día: 13 de abril
Hora: 20:30h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
Este venres dia 13 de abril as 20:30 horas o cantautor Urbano Cabrera ofrecerá un concerto no local do Ateneo sito na rúa do Forno 42 de Marín.
Este concerto, patrocinado polo programa Pontegal da Deputación Provincial, será de entrada libre ata completar a capacidade do local.
Urbano Carrera é un cantante cunha ampla traxectoria no mundo da música, pois comenzou a súa carreira nos anos 70. Formou parte de diversos grupos e foi fundador de Balcagia. Compón temas como "Xa van os homes para o campo" co que gañou o primeiro premio do Festival de música de Galicia celebrado en Vigo.
Durante un ano actuou en pubs e restaurantes Londinenses con música influenciada por Bob Dylan e Cat Stevens. Alén disto gravou un disco co fundador de Los Brincos. E percorreu Galicia tanto co grupo folk Mareira como en solitario.
No ano 1996ve a luz o seu primeiro disco, "Tarantela", ao que seguen "Segundo andar" no 2000 e "Penalba" en 2004. Desde entón Urbano volve as súas orixes percorrendo o país cunha chea de concertos acústicos.
E o autor de máis de 500 cancións cunha riqueza temática resaltando a comunicación e facer sentir e pensar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario