4 abr 2018

Conferencia inaugural da mostra "Inda son quen era onte"


Conferencia inaugural da mostra "Inda son quen era onte"
Día: 6 de abril
Hora: 19h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Pousos da Area
A asociación Pousos da Area abriu o pasado 2 de abril no Museo Manuel Torres de Marín unha exposición etnográfica,“Inda son quen era onte”, de oficios e labores do século XIX e comezos do XX. A mostra conta con traxes reproducidos fielmente, fotografías antigas e utensilios empregados na variedade de oficios e labores que se presentan.
O venres 6 de abril a partir das 19h celebrarase unha conferencia inaugural na que se ensinará a música que acompañou a estes oficios e labores desempeñados por todas e todos os nosos antepasados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario