4 abr 2018

Venres do Ateneo


Venres do Ateneo
Día: 6 de abril
Hora: 19:30h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O Ateneo Santa Cecilia continua coa celebración dos "venres do Ateneo", e este día 6 de abril por partida dobre.
Ás 19:30h coa conferencia do libreiro e editor lisboeta Joao Pimentel, que fará unha "Introdução às mil historias de Lisboa". 
Trátase dunha mostra moi variada e amena da cidade de Lisboa cos seus encantos, barrios, locais de fados, os cais, mar da palla, río Tejo, as pontes, etc. Todos aqueles interesados en coñecer un pouco mellor a capital portuguesa non deben perderse esta interesantísima palestra.
Esta conferencia serve tamén como homenaxe e conmemoración do 25 de abril en Portugal, data na que caeu a ditadura de Salazar.
A continuación, este mesmo venres, 6 de abril ás 20:30h o Ateneo contará coa actuación do cantautor Maikel Crooner ( Miguel Túñez) quen ofrecerá un extraordinario concerto co máis variado do seu repertorio, con cancións propias e versións de cantantes famosos, baladas e outros xéneros musicais.
Estas dúas actividades levaránse a cabo no local do Ateneo situado na Rúa do Forno nº42, baixo Marín.


No hay comentarios:

Publicar un comentario