Acto: Homenaxe a Antonio Machado "Se hace camino al andar"
Día: 24 de abril
Hora: 20h
Lugar: Biblioteca de Marín
Día: 24 de abril
Hora: 20h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Club de Opinión Portocelo
Coincidindo coa exaltación do 83 aniversario da Segunda República Española, o Club de Opinión Portocelo organiza un acto conmemorativo do falecemento de Antonio Machado hai 75 anos, e que baixo o título de "se hace camino al andar" terá lugar na biblioteca pública municipal o vindeiro día 24, xoves, ás 20 horas.
O programa acolle unha conferencia e proxección de
documentación audiovisual sobre o recordado poeta a cargo dun profesor do
Departamento de Lingua Castelá e Literatura do IES 'Illa de Tambo', e a
lectura dramatizada dunha selección de poemas machadianos ('Camiñante
non hai camiño', 'A Seta', 'Españolito que vés ao mundo'...) escenificada por un elenco de
recitadores encabezado pola actriz de cine e TVG, Mayka Brañas ('Libro
de Familia', 'Os luns ao sol', 'Heroína'...); e formado por Juan
García, director do grupo de teatro 'Arume' ('A Paixón do
Señor'); o rapsodo pontevedrés, José
Luis Fernández Sieira; e as escritoras
e poetas Carmen Gago e María do Carme
Alonso (Unión de Escritores de
España). O recital contará ademais coa
actuación á guitarra de José Iglesias
Prado e María Acuña (da
agrupación 'Pousos da Area'), que porán música ao recital e pecharán o programa
interpretando unha canción musicada e cantada con letra dun dos máis
significados poemas machadianos. A organización
conta coa colaboración do IES 'Illa de Tambo' e a Universidade Internacional de Andalucía (Campus Antonio Machado). A entrada é libre a toda persoa que desexe asistir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario