Mostrando entradas con la etiqueta Festimar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Festimar. Mostrar todas las entradas

7 sept 2016

Festimar

Acto: Festimar
Día: 10 de setembro
Hora: 22h
Lugar: Paseo Marítimo Alcalde Antonio Blanco
Organiza: Festimar
Un ano máis, e xa van cinco, as rapazas e rapaces da asociación Festimar organiza o festival do mesmo nome que terá lugar este sábado 10 de setembro no paseo Marítimo Alcalde Antonio Blanco.
Polo festival que comezará a partir das 20h pasarán os grupos Poetarras, El Son de la Chama, Bastards, Festicultores Troupe, Xenderal e o DJ G.Rinch.

21 jun 2016

Noite de San Xoán

Acto: Noite de San Xoán
Día: 23 de xuño
Hora: 19h
Lugar: Parque Azul (Cantodarea)
Organiza: Festimar
Por segundo ano consecutivo, e para recadar cartos para o seu festival de setembro, a asociación Festimar organiza unha festa para celebrar o San Xoán.

Na festa que comezará ás 19h no Parque Azul de Cantodarea haberá actividades para as e os máis cativos, música tradicional da man das Punkiereteiras e sardiñada, chourizos…Xa pola noite, ás 12h, prenderáselle lume á tradicional fogueira convidando a veciñanza a que bote nela madeira.

25 ago 2015

Festimar

Acto: Festimar
Día: 12 de setembro
Hora: 21:30h
Lugar: Paseo Marítimo Alcalde Antonio Blanco
Organiza: Festimar
O vindeiro 12 de setembro a partir das 21:30h terá lugar unha nova edición do festival Festimar que cada fin de verán enche o Paseo Marítimo Alcalde Blanco de música. Como novidade este ano a organización do festival programa distintas actividades como globoflexia, xogos populares ou gyncanas para as crianzas a partir das 17h.
A partir das 21:30h comezarán as actuacións gratuítas dos grupos Dakidarria, tomawok & Chek Selectah, Ganjar Family, True Mountains e Grave dolls.

10 jul 2015

I Torneo de Futsal Festimar

Acto: I Torneo de Futsal Festimar
Día: 11 de xullo
Hora: 9h
Lugar: Pavillón A Cañota
Organiza: Festimar
A asociación cultural Festimar organiza este sábado 11 de xullo o seu primeiro torneo de futsal no pavillón da Cañota.
O torneo no que participarán 20 equipos comezará ás 9h da mañá e desenvolverase ao longo de todo o día sendo o premio para o equipo gañador 450€ mais un trofeo. O segundo e terceiro equipo clasificado gañarán 100 e 50€ respectivamente.
Como novidade deste torneo cabe salientar que todos os participantes do torneo terán unha caña ou refresco de balde o día en que se celebre o Festimar (12 de Setembro)

22 jun 2015

Noite de San Xoán de Festimar

Acto: Noite de San Xoán
Día: 23 de xuño
Hora: 19h
Lugar: Parque Azul (Cantodarea)
Organiza: Festimar
A Asociación Festimar organiza para a tarde noite deste martes, 23 de xuño, unha xornada chea de actividades para celebrar o San Xoán.
A "noite de San Xoán" de Festimar comezará ás 19h no Parque Azul de Cantodarea con actividades para as e os máis pequenos, quen serán sen dúbida os protagonistas ata a chegada da cea ás 22h.
Na cea, que será amenizada por diversos ritmos musicais, consistira en sardiñas, pinchos de carne, chourizos acompañado de bebidas.
Como é tradicional, ás 12 da noite prenderase lume á cacharela para a cal convidan a xente que asista a que contribúa levando madeira.

4 sept 2014

Festival Festimar

Acto: Festimar
Día: 13 de setembro
Hora: 21:30h
Lugar: Paseo Marítimo Alcalde Antonio Blanco
Organiza: Festimar
O sábado 13 de setembro a partir das 21:30h terá lugar a terceira edición do Festimar no Paseo Marítimo Antonio Blanco. 
Para esta terceira edición do festival a organización contará coa actuación de Skirl, A Compañía do Ruído, Skandalo GZ, Liska! e o DJ Laese.
Durante o trascurso do concerto que é de balde ademais de se sortear dúas entradas para o concerto do grupo Extremoduro en Vigo o vindeiro 10 de outubro, tamén se dará a coñecer a persoa gañadora da sorteo de 80 euros para gastar en comercios asociados a Estrela de Marín.
Horarios:
21:50-22:40 Skirl
22:55-00:10 Skandalo GZ
00:25-1:55 A Compañía do Ruído
2:10-3:30 Liska
3:45 DJ Laese
https://es-es.facebook.com/pages/Festimar/386891464710433