18 oct 2014

Ciclo de Atletismo "Manuel Méndez"

Acto: Ciclo de Atletismo "Manuel Méndez"
Día:  24-25 de outubro
Hora: 20 horas
Lugar: Biblioteca de Marín-Museo Manuel Torres
Organiza: Xornadas Reencontro coa Historia de Marín
Con motivo da entrega dos premios FACENDO HISTORIA aos Olímpicos Marinenses, Xornadas-Reencontro coa Historia de Marín organiza o Ciclo 'Manuel Méndez' de atletismo que se desenvolverá entre os días 24 e 25 de outubro.
A primeira das xornadas terá lugar o venres día 24 na Biblioteca Pública Municipal ás 20.00 h. consistente nunha mesa redonda na que participarán os atletas olímpicos Carlos Pérez (Presidente da Asociación de Galegos Olímpicos. Atleta XX. OO. Roma 1960; México 1968 e Muncih 1972); o remeiro olímpico Franco Cobas (XX OO Roma 1960) e o preparador deportivo Carlos Landín. 
A segunda xornada será o día 25, sábado, no Museo Torres, onde será ofrecida unha conferencia a cargo de Conrado Durántez, Maxistrado do Tribunal Superior de Justicia en Madrid e Doutor en Historia; presidente da Academia Olímpica do COE e dotado dunha gran vocación polo olimpismo.

A presentación do conferenciante estará a cargo de David Acevedo, responsable da Sección de Deportes do Diario de Pontevedra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario