Hora: 19:30horas
Lugar: Biblioteca de Marín
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Asociación Queremos Galego Marín
A
Asociación Queremos Galego Marín organiza para o sábado 25 de
abril, dentro da súa particular sección literaria, O Tiraverbas, a
presentación do poemario “Transfusión Oceánica” do ceense Xosé
Iglesias.
Xosé
Iglesias é un patrón de baixura que no ano 2011 se fixo celebre cun
video no youtube protestando contra as cotas pesqueiras que
estabelece a Unión Europea e que están a acabar cun dos piares da
nosa economía. Este video fixo que millares de internautas coñecesen
os múltiples poemas que este ceense tiña gravado a bordo do seu
barco.
Foi
Xurxo Souto quen, despois de coñecer a Xosé Iglesias nun taller
literario, animou a este curioso lobo de mar a escribir e publicar os
seus poemas, ata que o tamén poeta Paco Souto impulsou a edición de
“Transfusión oceánica”.
Transfusión
oceánica, publicado pola editorial de Malpica “Caldeirón”,
conta con 36 poemas nos que Xosé Iglesias transmite os seus
sentimentos no mar e a súa preocupación pola perda dunha parte
importante da nosa cultura, a mariñeira, que nos ensina a nos
relacionar co medio. Un poemario cheo de loita que conta cun limiar
de Xurxo Souto e ilustracións de Roberto Castro.
O
acto que terá lugar a partir das 19:30h no salón da biblioteca de
Marín será presentado polo buenense Fernando Mirando e participará
o propio autor, Xosé Iglesias, quen, alén de nos falar da súa
inspiración tamén recitará algún dos seus poemas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario