Acto: Festa fin das ciclomarchas
Día: 17 de maio
Hora: 9h
Saída: Caseta de turismo de Marín
Día: 17 de maio
Hora: 9h
Saída: Caseta de turismo de Marín
Organiza: Club Ciclista Marín
A XXXII edición das Ciclomarchas Histórico-Artísticas
de Marín que organiza todos os anos o Club Ciclista Marín despois de
percorreren e visitaren interesantes e fermosos lugares, tanto en bici como a pé,
chegan este 17 de maio ao seu fin cunha gran festa da bici.
Como todos os domingos desde o seu
comezo sairase a facer unha ruta en bici, desta volta o percorrido será curto,
11,5 km, e de dificultade baixa e levará as e os participantes polas rúas do
centro urbano de Marín, as barriadas Virxe do Carme (Suboficiais), San Pedro, A
Laxe, A Cañota, Praceres para volver a Marín a ritmo de paseo.
Ao finalizar o paseo haberá sorteos, unha bicicleta
doada pola deputación e outros agasallos, e unha entrega de premios para as e os
participantes que participasen nun determinado número de marchas, 6 para os máis
pequenos 9 para adultos. Tamén se entregará un premio especial a aquela familia
máis numerosa que participe en bicicleta.
Finalmente fará presencia “Orni”, (obxeto rodante non identificado), tándem
para catro persoas, grazas á colaboración especial de Servizos Cantodarea; unha boa metáfora do que significa esta
actividade: apoio conxunto para chegar á meta, sen vencedores nin vencidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario