22 jun 2015

Noite de San Xoán de Festimar

Acto: Noite de San Xoán
Día: 23 de xuño
Hora: 19h
Lugar: Parque Azul (Cantodarea)
Organiza: Festimar
A Asociación Festimar organiza para a tarde noite deste martes, 23 de xuño, unha xornada chea de actividades para celebrar o San Xoán.
A "noite de San Xoán" de Festimar comezará ás 19h no Parque Azul de Cantodarea con actividades para as e os máis pequenos, quen serán sen dúbida os protagonistas ata a chegada da cea ás 22h.
Na cea, que será amenizada por diversos ritmos musicais, consistira en sardiñas, pinchos de carne, chourizos acompañado de bebidas.
Como é tradicional, ás 12 da noite prenderase lume á cacharela para a cal convidan a xente que asista a que contribúa levando madeira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario