Día: 12 de xullo
Hora: 18h
Lugar: Alameda Rosalía de Castro
Organiza: Os Chaneiros
A
asociación Os Chaneiros organiza por cuarto ano consecutivo o Memorial Antonio
Fernández que comezará este domingo 12 de xullo co concurso tradicional de
cuartetos e continuará o domingo 18 de xullo cun festival de música en baile.
A
primeira cita, o domingo 12, será na Alameda Rosalía de Castro onde, a partir das 18h, cuartetos
junior participarán no único concurso para participantes desa categoría en toda
Galicia. Ademais de premiar as habilidades musicais dos participantes, tamén se
terá en conta a calidade da interpretación obrigatoria dalgunha das pezas do
compositor homenaxeado, Antonio Fernández.
O
gañador do concurso ademais dun trofeo levará un premio de 200€, o segundo
clasificado 100€ e un trofeo e xa para o terceiro un trofeo. Todos os cuartetos
participantes só polo feito de participar levarán 40€ cada un como axuda para
os gastos de desprazamento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario