23 sept 2015

Presentación "De todo un poco"

Acto: Presentación "De todo un poco"
Día: 29 de setembro
Hora: 20:30h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Club de Opinión Portocelo
O martes 29 de setembro, festividade de San Miguel, o Museo M. Torres acollerá ás 20.30h a presentación do libro 'De todo un poco' do autor Ángel García Carragal. Trátase dunha primeira recompilación de 50 recensións ilustradas e publicadas no Diario de Pontevedra sobre acontecementos e personaxes históricos ou relevantes de Marín.
O prólogo é do periodista Manuel Jabois (El Pais) e a portada é un debuxo do emblemático edificio do Priorato de Oseira, realizado polo artista marinense Antón Sobral.
Na presentación intervirá ademais do autor, o xornalista Álvaro Agulla, delegado do Diario de Pontevedra para O Morrazo e Fernando Ramos, profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario