29 oct 2015

Charla coloquio "Ence fóra para sempre"

Acto: Charla coloquio "Ence fóra para sempre"
Día: 6 de novembro
Hora: 20 horas
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Almuinha

A A.C. Almuinha organiza este venres día 6 de novembro ás 20:30h. na Biblioteca de Marín unha Charla-Coloquio co tema "ENCE fóra para sempre".
Nestes días deuse inicio a unha campaña co lema "ENCE fóra para sempre" na que participan ducias de colectivos do máis variado: organizacións políticas, asociacións ecoloxistas, asociacións de veciñais, asociacións culturais... entre as que se atopa Almuinha. 
A A.C. Almuinha organiza este acto co obxectivo de informar da situación actual do complexo ENCE-Elnosa así como da propia campaña que vén de iniciarse. E para isto contará coa presenza de Antón Masa (APDR) e Juan Loureiro (Presidente da FAV Castelao de Pontevedra).

A asociación aproveita para convidar a toda a cidadanía a que asista e participe do acto, pois o tema é dabondo importante e atopámonos nun momento de especial importancia de cara a ver como queremos que sexa a nosa ría no futuro máis próximo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario