Acto: Charla “A eliminación da prórroga de
Ence. Aspectos legais e mobilización social”
Día: 24 de maio
Hora: 20h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Plataforma Ence fóra para sempre
Día: 24 de maio
Hora: 20h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Plataforma Ence fóra para sempre
A Plataforma Ence Fóra organiza o próximo
martes 24 de maio unha charla coloquio co título “A eliminación da prórroga de
Ence. Aspectos legais e mobilización social que Contará coas intervencións de
Antón Masa Vázquez, presidente da Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra,
e de Alba Nogueira López, Doutora en Dereito e profesora titular na
Universidade de Santiago de Compostela.
A recente concesión por parte do goberno en funcións do PP dunha
prórroga de 60 anos á empresa ENCE, supón un duro golpe ás posibilidades de
saneamento da Ría e hipoteca o futuro da comarca. Con esta decisión imposibilítase
a recuperación dos recursos naturais, das praias urbanas, da saúde e calidade
de vida das persoas e a creación de emprego, que ten que vir da man da
explotación racional dos recursos naturais (pesca, marisqueo e monte) e
turísticos.
Son moitas as fontes responsábeis da contaminación, de forma
particular a falta dunha depuración axeitada das augas residuais de orixe
doméstica e a presenza do complexo ENCE ELNOSA, o que se traduce –en ámbolos
casos- na existencia dunha forte carga de materia orgánica e bacterias
coliformes fecais.
Non debemos esquecer tampouco o impacto que terá a permanencia
de ENCE en Lourizán sobre o monte galego da man da eucaliptización, un proceso
contrario á biodiversidade e a un mundo rural vivo.
A Plataforma considerá fundamental revogar a prórroga así como
acadar o saneamento integral da Ría, un obxectivo que pasa por intensificar a
mobilización social. Neste contexto, chama a poboación da comarca e o conxunto
da cidadanía galega a mobilizarse pola Ría camiñando o 4 de xuño desde Marín e
Pontevedra ata a fábrica de ENCE e na festa-polbada que terá lugar ao remate na
Praza de Os Praceres.
Antón Masa Vázquez
É licenciado en bioloxía, foi investigador da Misión Biolóxica
de Galiza e Presidente da Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra.
Alba Nogueira López
É Licenciada en Dereito pola USC e Doutora en Dereito pola mesma
universidade. Profesora titular da Universidade de Santiago de Compostela en
Dereito Administrativo, no Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado.
Forma parte dos Consellos Editoriais e Científicos da Revista
Llengua i Dret, Revista Catalana de Dret Ambiental e da Revista Actualidad
Jurídica Ambiental.
Entre algunhas das súas monografías publicadas destacan:
Avaliación do impacto ambiental. Evolución
normativo-xurisprudencial, cuestións procedimentais e aplicación sectorial
(Atelier, 2009); Titularidade, competencias e fiscalidade das augas minerais e
termais: marco comunitario de protección ambiental (Aranzadi, 2009) e A Termita
Bolkestein (Civitas , 2012), entre outros.
Participou como experta no Comité Directivo da Democracia Local
e rexional do Consello de Europa. Integrante do Observatorio de Políticas
Ambientais do Consello da Cultura Galega
No hay comentarios:
Publicar un comentario