8 may 2016

Entrega de premios II Concurso de Relato Curto “Marín Conta”

Acto: Entrega de premios II Concurso de Relato Curto “Marín Conta”
Día: 17 de maio
Hora: 13h
Lugar: Palco da Música Alameda Rosalía de Castro
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O Ateneo Santa Cecilia celebrará este martes 17, Día das Letras Galegas, o acto de entrega do II Concurso de Relato Curto 'Marín Conta', que terá lugar no palco da Alameda ás 13:00 horas. Ademais de estar convocados os máis de 100 participantes no certame, o acto está aberto a toda a veciñanza, nun ambiente de festa para a lingua galega e coa compaña do cuarteto Picuiña, que amenizará a sesión.
'Marín Conta-Letras Galegas 2016' é un concurso escolar dirixido a estudantes dos centros de ensino de Marín, e tamén ao alumnado do colexio Sagrado Corazón de Praceres, onde se forman moitos nenos e nenas residentes na vila marinense.

O xurado valorou textos de creación en lingua galega, cunha extensión non superior ás 500 palabras. De temática e xénero libres, todos os relatos teñen Marín como escenario físico do que narran. Entregaranse tres galardóns en cada unha das tres categorías: Primaria, ESO e Bacharelato/FP. Ademais, todos os autores e autoras finalistas recibirán un diploma acreditativo da súa participación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario