15 sept 2016

Actuación Paco Barreiro

Acto: Actuación Paco Barreiro
Día: 16 de setembro
Hora: 21h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O músico Paco Barreiro actuará esta semana no 'Venres do Ateneo' a partir das 21:00 horas, cunha actuación para todos os públicos na que fará un percorrido por “paisaxes de música e palabra”, cun repertorio a base de cancións e contos de autor de raíz galega.
Compositor, actor e narrador de longa traxectoria, Paco Barreiro ofrecerá un recital de voz e guitarra con pezas do seu disco, “Dangarandán”, que homenaxea a música tradicional galega.
Deuse a coñecer en Vigo hai máis de 30 anos. Formou parte dos grupos Luada, Anamoura e Ardemán. Tamén compuxo obras incluídas na discografía de formacións como Mareira, Luada ou Os Carunchos. Ten colaborado con figuras coñecidas da canción galega como Pilocha, Bibiano, Suso Vaamonte e María Manuela, entre outros. Ademais, está vencellado ao reparto de varias pezas teatrais, curtametraxes e contos musicais.

No acceso ao espectáculo, que forma parte do programa Pontegal da Deputación de Pontevedra, os socios e socias do Ateneo Santa Cecilia achegan unha doazón dun euro; dous no caso dos non socios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario