3 feb 2017

Charla “O entroido de Marín nos anos 50”

Acto: Charla “O entroido de Marín nos anos 50”
Día: 16 de febreiro
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Club de Opinión Portocelo
O xoves 16 de febrero arranca o entroido na vila de Marín cunha charla organizada polo grupo de acción cultural “Xornadas-Reencontro coa Historia de Marín”, integrado no Club de Opinión Portocelo, sobre o “entroido de Marín nos anos 50”.
Para falar sobre este entroido a organización contará coa dinamizadora cultural Enriqueta Molas, servindo ademais este acto como recoñecemento póstumo a Eduardo Otero Molas (o mestre Molas), mediante a entrega aos seus familiares dunha placa como agradecemento e lembranza ao seu labor impulsora da recuperación das murgas durante a década dos anos 50.
O acto contará tamén coa actuación da murga “Os novos Pulpeiros”, quen interpretarán varias composicións con letra e música de Molas.
A charla terá lugar no Museo Manuel Torres a partir das 20h.


No hay comentarios:

Publicar un comentario