Teatro: “A coleccionista de sombras”
Día: 2 de xuño
Hora: 19:30h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
Hora: 19:30h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
“A
coleccionista de sombras (Farsa en tres actos e dous entreactos)” é a
representación teatral que ofrecerá neste ‘Venres do Ateneo’ o Equipo de
Dinamización Lingüística do IES Mestre Landín de Marín, dirixido polas
profesoras Susana Arizaga e Casilda Basteiro. Será ás 19:30 hora no Salón de
Actos da Biblioteca Pública Municipal Vidal Pazos, con entrada libre.
Baseada
nunha obra de Antón Cortizas Amado, esta adaptación escolar dirixida a público
de todas as idades evoca a historia dunha coleccionista de sombras que de
súpeto, perde unha das máis valiosas: a sombra de cor verde. Daquela contará
coa axuda de varios personaxes para recuperala; unha peripecia na que se darán
situacións cómicas e humorísticas, incluída a intervención do público.
Na
coordinación e dirección deste espectáculo colaboraron Susana Arizaga e Casilda
Basteiro, dúas docentes do propio IES Mestre Landín cuxa traxectoria está
vencellada tamén ao teatro, á literatura e á arte, que consideran “o eixo do
empoderamento e da educación emocional do alumnado”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario