21 sept 2017

Danza das Espadas

Danza das espadas
Día: 24 de setembro
Hora: 12:45h
Lugar: adro da igrexa nova, Alameda Rosalía de Castro, a Farola, Praza do Reloxo
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O domingo 24 de setembro terá lugar no Concello de Marín a recepción ás autoridades e aos danzantes, a partir das 10:45 horas. Ás 11:00 horas, no Salón de Plenos, comezará o acto solemne de entrega de medallas e distincións aos novos confrades. Unha hora despois no Templo Novo celebrarase a misa solemne na honra de San Miguel, na que soarán as voces do Coro de Cámara Thalassa.
Ás 12:45 horas está previsto que a procesión saia do templo, cos grupos da Danza de Espadas acompañando a figura de San Miguel. A primeira danza terá como escenario o adro da Igrexa Nova; a seguinte realizarase a carón da Alameda Rosalía de Castro, nas inmediacións do palco da música. Seguiralle outra quenda de danzas na Praza de España, onde tamén se producirá a tradicional Queima de Madamitas; a última danza será na Praza o Reloxo e rematará cunha ofrenda floral antes de que a talla do arcanxo retorne ao templo antigo que o custodia habitualmente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario