21 may 2018

Recital de Enrique Brumbéck


Recital de Enrique Brumbéck
Día: 25 de maio
Hora: 20:30h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
Dentro da programación do mes das Letras Galegas, este venres do Ateneo teremos un recital de poesía a cargo de Enrique Brumbéck, membro fundador do colectivo poético "Mesa das Verbas" de Vilagarcía de Arousa.
Enrique Brumbéck ten unha ampla traxectoria como recitador de poesía, participando en recitais en numerosas poboacións e territorios da xeografía galega, así como en programas de radio e televisión.
Nesta ocasión ten preparado un selecto repertorio de poemas con temática moi diversa quen farán disfrutar a todos os amantes da poesía e da cultura.
O recital celebrarase no Ateneo Santa Cecilia o venres día 25 as 20:30h, con entrada libre Rúa do Forno nº42, baixo Marín.

No hay comentarios:

Publicar un comentario