Mercado Solidario Marín 3R
Día: 9 de setembro
Hora: 10h
Lugar: Alameda Rosalía de Castro
Organiza: O Abeiro
Hora: 10h
Lugar: Alameda Rosalía de Castro
Organiza: O Abeiro
O próximo domingo día 9 de setembro,
coincidindo coas festas da Virxe do Porto, terá lugar o mercado solidario Marín
3R na Alameda Rosalía de Castro de 10h a 22h. Como sempre este mercado
solidario está organizado pola Asociación de Mulleres O Abeiro. Nesta ocasión haberá
uns 30 postos nos que se poderá mercar desde bisutería, roupa, calzado, xoguetes
ata mobles recuperados e antigüidades.
O Abeiro obsequiaralle ás persoas que máis
colaboren solidariamente en beneficio das 3R cunhas bolsas de tea recicladas,
patrocinadas polo Concello de Marín.
As ‘abeiranas’ con este agasallo procuran conseguir
que a xente se conciencie no uso das bolsas reutilizables e non usen as de
plástico polas que os supermercados veñen cobrando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario