Acto: Proxección "Sete Camiños. A encrucillada do tempo"
As “I Xornadas sobre Patrimonio” organizadas ao longo deste mes de abril para dar a coñecer iniciativas para a defensa e valorización do patrimonio galego rematan esta semana con dúas actividades relacionadas cunha interesante iniciativa, a do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.
Día: 25 de abril
Hora: 20H
Lugar: Biblioteca de Marín
Hora: 20H
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Asociación Queremos Galego Marín
As “I Xornadas sobre Patrimonio” organizadas ao longo deste mes de abril para dar a coñecer iniciativas para a defensa e valorización do patrimonio galego rematan esta semana con dúas actividades relacionadas cunha interesante iniciativa, a do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.
O
Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños é un proxecto
ideado para valorizar unha área que abrangue os concellos de Marín,
Pontevedra e Vilaboa onde, ademais do importante valor natural,
paisaxístico e etnográfico da zona, existen numerosos xacementos
arqueolóxicos.
Entre
os xacementos arqueolóxicos que podeamos atopar neste espazo están o
Complexo rupestre do Pornedo, o Complexo rupestre do Piñeiral de
Caeiro, os Petróglifos dos Sete Camiños, o Complexo rupestre do
Regato dos Buratos/Outeiro da Mina, os Petróglifos da Cachada do
Vello, os Petróglifos de Pumariño, o Abrigo rochoso da Campá, , as
Mámoas de Chan da Lagoa nº1 e 2 e a Mámoa de Catadoiro.
O
proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete
Camiños conta co apoio de máis dunha vintena de colectivos
veciñais, sociais e culturais da comarca.
Proxección
do documental “Sete Camiños. A Encrucillada do tempo”
O
xoves 25 de abril a partir das 20h proxectarase na biblioteca de
Marín o documental “Sete
Camiños. A encrucillada do tempo”.
Este documental estreado o 13 de xaneiro de 2012 en Pontevedra ponlle
voz e imaxes a un proxecto sustentábel que supón unha estratexia
colectiva na súa aposta pola xestión racional dos montes, pola
revalorización do patrimonio que estes albergan, e por unha visión
a longo prazo que garanta unha digna herdanza para as xeracións
futuras.
Ao
longo de 45 minutos, o documental xustifica a necesidade de conservar
os diferentes elementos patrimoniais existentes no contorno dos Sete
Camiños, do Monte Pornedo e do Monte Catadoiro: xacementos
arqueolóxicos, como mámoas e petróglifos; vestixios etnográficos,
como valados, fontes ou restos de antigas canteiras; lendas
tradicionais, no eido do patrimonio inmaterial; e elementos naturais
de interese, entre os que destacan miradoiros ou formacións rochosas
singulares.
“Sete
Camiños. Encrucillada do tempo” é unha coprodución da Sociedade
Antropolóxica Galega (SAGA) e Faro de Ons Producións. O realizador
e arqueólogo Lukas Santiago e máis o antropólogo e economista
Rafael Quintía, son os responsábeis do guión e da dirección deste
traballo audiovisual, que tamén conta con João Bieites na
realización técnica.
Na
proxección contaremos coa presenza dos membros da comisión técnica
para a creación do espazo, Rafael Quintía (antropólogo,
economista, codirector e coguionista do documental, membro da SAGA e
da comisión técnica), João Bieitez (profesor de plástica e
audiovisuais, corealizador do documental, membro da SAGA), Lukas
Santiago (arqueólogo, realizador, codirector e coguionista do
documental, membro da SAGA e da comisión técnica) e Paz Castro
(xornalista, membro da comisión técnica e colaboradora da SAGA) así
como tamén Francisco Currás membro da comisión técnica e socio da
Asociación Queremos Galego.
Andaina
polo Espazo dos Sete Camiños.
Para
o sábado 27 está programada unha andaina polo espazo dos Sete
Camiños
para coñecermos de primeira man a riqueza natural, etnográfica e
arqueolóxica deste interesante proxecto. A saída terá lugar ás
17h desde a área de lecer do Pornedo e ten a particulariedade de que
os e as asistentes á andaina poderán disfrutar dos petróglifos do
Pornedo durante o solpor. A andaina será guiada por Rafael Quintía
un dos membros da comisión técnica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario