18 abr 2013

Roteiro etnográfico por Seixo e Loira

Acto: Roteiro etnográfico por Seixo e Loira
Día: 21 de abril
Hora: 10H
Saída: Casa da Cultura de Seixo
Organiza: Grupo Cultural Ronsel e Asociación Queremos Galego Marín
Dentro das Xornadas sobre patrimonio que está a organizar a Asociación Queremos Galego Marín durante o mes de abril, está programado un roteiro para coñecer o patrimonio etnográfico de Seixo e Loira da man do Grupo Cultural o Ronsel. A saída será ás 10 h desde a casa da Cultura de Seixo. Durante o percorrido os e as asistentes poderán ver a fonte de Aguete, pozo da conexa, cruceiro de Aguete, Montecelo, fonte de Riba, cruceiro de Bouzón, un muíño na praia de Loira, lavadoiro de Loira, Chabola da Cativa, fonte de Loira, ponte romana de Soaxe, cruceiro de Soaxe, lavadoiro de Bex, fonte de Corredoira e ponte de Guimeráns onde @s asistentes poderán disfrutar vendo un muíño moer.

No hay comentarios:

Publicar un comentario