4 sept 2015

Acto conmemorativo 130 aniversario da morte de Rosalía de Castro

Acto: Acto conmemorativo 130 aniversario da morte de Rosalía de Castro
Día: 24 de setembro
Hora: 19:30h
Lugar: Alameda Rosalía de Castro e Museo Manuel Torres
Organiza: Club de Opinión Portocelo
O club de Opinión Portocelo inicia o curso este setembro cun acto conmemorativo do 130 aniversario da morte da escrita galega Rosalía de Castro. Este acto que se celebrará o xoves 24 de setembro constara de distintas partes, comezando ás 19:30h na Alameda Rosalía de Castro de Marín cunha ofrenda floral animada polo grupo Os Chaneiros.
A seguir da ofrenda, o evento trasladarase ao museo Manuel Torres onde o escritor, ex presidente da RAG e membro da Fundación Rosalía de Castro, Xosé Luís Méndez Ferrín, dará unha confenrencia a partir das 20h. Neste acto haberá tamén un pequeno recital de poesías de Rosalía de Castro a cargo de Santiago Losada Carragal (profesor), Antón Sobral (pintor) e Xaime D. Toxo (escritor). Para rematar o acto haberá unha actuación especial da cantante Begoña Lorenzo, quen porá voz a poemas de "Cantares Gallegos".

No hay comentarios:

Publicar un comentario