3 sept 2015

Homenaxe no Pozo da Revolta

Acto: Homenaxe no Pozo da Revolta
Día: 20 setembro
Hora: 12:30h
Lugar: Pozo da Revolta

Organiza: Asociación Pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín
Como cada mes de setembro, a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín organiza o acto de “homenaxe e lembraza das persoas que defenderon a liberdade” no lugar do Pozo da Revolta, en Bagüín (Mogor). 
O vindeiro domingo día 20, ás 12:30 horas, dará comezo coa intervención da escritora Montse Fajardo e do integrante da asociación Carlos Villegas, para rematar coa actuación musical de Felipe Rea “o ghaiteiro de Estribela”.
Recordarase ás persoas do noso concello represaliadas e vítimas da represión durante e despois do 36; neste caso na figura de Carmen Pesqueira Domínguez “A Capirota”, a moza de 29 anos que foi secuestrada, aldraxada e asasinada neste lugar en agosto de 1936; trasladando o seu corpo nunha camioneta a Bueu e exposto publicamente para escarnio e terror. Na súa persoa, a asociación quere contribuír á xusta visibilización do horror sufrido por tantas e tantas mulleres baixo a barbarie franquista.



No hay comentarios:

Publicar un comentario