3 sept 2015

Mercado Solidario Marín 3R (Reutilizar, Reciclar, Regalar)

Acto: Mercado Solidario Marín 3R (Reutilizar, Reciclar, Regalar)
Día: 20 setembro
Hora: a partir das 11h
Lugar: Alameda Rosalía de Castro
Organiza: Asociación de Mulleres O Abeiro
O vindeiro domingo 20 de setembro a Asociación de Mulleres O Abeiro celebrará unha nova edición do seu Mercado Solidario Marín 3R (Reutilizar, Reciclar, Regalar) de verán.
Este mercado que xa vai pola súa 6ª edición vai crecendo pouco a pouco e dos 15 postos da primeira edición xa están inscritos 55 postos para o vindeiro domingo 20 de setembro.
No mercado que comezará a partir das 11 da mañá alén de poder intercambiar e comprar produtos de segunda man as persoas que asistan ao longo do día tamén gozarán das actuacións dos grupos de música tradicional Os Chaneiros e Os de Marín, reservando para as e os máis pequenos da casa os xogos tradicionais que leva a Asociación Gharaboto.
Desde O Abeiro animan a todas as persoas a colaborar e doar todas aquelas cousas que xa non usen e que outras persoas poidan utilizar. En tempo de crise a solidariedade é un apoio preciso para que todas as persoas poidamos seguir adiante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario