Día: 7 de novembro
Hora: 20 horas
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Asociación Queremos Galego Marín
Hora: 20 horas
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Asociación Queremos Galego Marín
Xardín Desordenado é unha reunión de
músicos que dende hai algún tempo veñen musicando poetas galeg@s. Aínda que de
distintas procedencias, todos eles teñen contacto co Jazz. As súas cancións van
dende o Swing e o Blues ata a Bossa Nova ou o Bolero.
No ano 2.011 decidiron percorrer
librarías e bibliotecas, á busca de palabras ás que poñer música. A selección
resultante non obedeceu a criterios científicos, senón á provocación que os
poetas producían nos “exploradores”.
O seu obxectivo era promover a poesía
galega e o concretaron nun primeiro traballo, con quince poemas escritos por
homes. Chamaron ao CD como a si mesmos: “Xardín desordenado” e nel, acompañados
pola cálida sonoridade que proporcionan os instrumentos acústicos, estes
“xardineiros desordenados” converteron os magníficos textos en boleros, en
swing, en blues…
Acaban de publicar o seu segundo CD,
dedicado a 17 poetas mulleres (Rosalía, Carme Kruckemberg, Olga Nova, Chus
Pato, María Lado, Marta Dacosta, etc) titulado "Aprendendo a ladrar"
que xa comezaron a presentar en auditorios.
O sábado día 7 de Novembro, ás 20 horas,
Marlene Rodrigues e Santiago Ferragud (as voces de Xardín desordenado)
presentarán este novo proxecto nunha versión íntima e moi emotiva na Biblioteca
de Marín
No hay comentarios:
Publicar un comentario