4 nov 2015

Premios Facendo Historia

Acto: Premios Facendo Historia
Día: 8 de novembro
Hora: 11:45
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Xornadas-Reencontro coa Historia de Marín
O domingo 8 de novembro a Asociación Xornadas-Reencontro coa Historia de Marín entregará os seus premios Facendo Historia nun acto que comezará ás 11:45h na biblioteca de Marín.
As distincións deste ano están destinadas á Reloxería- Xoiaría Muiños e á empresa Pérez Torres das que ademais se inaugurará unha exposición fotográfica ás 12h. Alén desta inauguración no acto previo á comida no restaurante do Club Nautico de Aguete, haberá unha lectura de semblanzas e unha actuación coral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario