6 abr 2016

Concerto de Tati & Lia


Acto: Concerto de Tati & Lia
Día: 22 de abril
Hora: 21h
Lugar: Local do Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia

Este venres, 22 de abril, o Ateneo Santa Cecilia organiza unha nova sesión dos seus "Venres no Ateneo" cun concerto de violíns protagonizado por Tati & Lia.
Estas dúas rapazas marinenses, novas, comprometidas coa cultura e dun enorme talento ofrecerán unha velada de música clásica.
Tatiana Cidrás, de Loira, cursou bacharelato na escola da Esproarte (Portugal) e actualmente estuda 6º de Grao Profesional no Conservatorio Manuel Quiroga de Pontevdra. Participou nas Orquestras Sinfónicas da Esproarte e Aproarte (Portugal), na Orquestra S.XXI de Valencia, na Filarmonía Cidade de Pontevedra, na Orquestra de Cámara Lira e na Orquestra do Conservatorio de Pontevedra. Traballou con directores como Francesco Belli, Vicente Arberola, José Sanchís Diego Martín Etxeberría e Jordi Mora, entre outros.

 Natural de Seixo, Lía Vilas está en 4º da E.S.O e tamén cursa 3º do Grao Profesional no Conservatorio Profesional Manuel Quiroga. Participou na Camerata Viguesa, na Orquestra FUQUEMAR, na Orquestra de Mozos Casa Blanca e na Orquestra do Conservatorio de Pontevedra, con directores como Francisco Mora, Sergio Heredia e Armando Toledo. Ambas colaboran na amenización musical de actividades culturais e sociais, como a Operación Kilo en Marín.
[Doazón: soci@s, 3 €; non soci@s, 4 €]

No hay comentarios:

Publicar un comentario