5 abr 2016

Proxección "El padre es abuelo"

Acto: Proxección "El padre es abuelo"
Día: 21 de abril
Hora: 21h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O Ateneo Santa Cecilia retoma este xoves, 21 de abril, na biblioteca de Marín “Os xoves de cine” cun ciclo adicado á filmografía dos anos 50. O primeiro filme deste ciclo que se proxectará a partir das 21h, será “El padres es abuelo” do director Vincente Minelli.
Esta comedia do ano 1951 protagonizada por Spencer Tracy e Elisabeth Taylor é unha secuela dun filme anterior, “El padre de la novia”, na que Stanley Banks tivo que casar a súa querida filla Kay cun Buckley Dunstan, un mozo que non lle gustaba moito.
Pasado ese sufrimento, agora Stanley terá que volver lidiar co seu xenro e a familia deste, mais por un asunto aínda máis delicado se callar: o nacemento do seu futuro neto. Esta nova situación fará que o futuro avó se teña que repensar de novo moitos aspectos da súa vida, e sobre todo cando se revela a sorpresa de que a súa muller tamén está embarazada.

Esta comedia foi nominada polo Sindicato de Directores ao Premio á mellor dirección.

No hay comentarios:

Publicar un comentario