Acto:
Concerto de Jaime e Manuel
Día: 25 de
novembro
Hora: 21h
Lugar:
Ateneo Santa Cecilia
Organiza:
Ateneo Santa Cecilia
O dúo de acordeonistas formado por Jaime e Manuel actuará
o 25 de novembro, no marco das sesións ‘Venres do Ateneo’, a partir das 21:00
horas.
Ofrecerán un repertorio a base de pezas moi
coñecidas como “Cumparsita” e “Cambalache”, xunto con melodías
tradicionais como a jota ou os ritmos de procedencia arxentina, e temas
populares do folclore galego como “Na beira do mar”, “Carolina” ou “Vén bailar,
Carmiña”.
Manuel
Olegario naceu en Bos Aires no ano 1957 , inicio o seus estudos aos 8 anos
da man do seu pai , e autodidacta a partir do 1992 inicia unha escola de
acordeóns no centro cultural Helios de Bembrive con seu pai , formando o grupo
Algareiro , actualmente Tarataña ., actuo en Hoteles , TVG , Teatros , Catering
, Salas de festa , En Chartres Francia festival internacional de acordeón
representando a España ano 2005 , fundo o grupo folc Xarope de Uva , a dado
clases de acordeón en innumerables sitios , centros culturais , escolas etc ,
leba mais de 20 anos organizando o día mundial do acordeón , tamen dende fai 3
anos a festa do acordeón na Rua , ten outra faceta que e a reparación de
acordeóns , compositor de varias obras , a partir do ano 2008 escomenza súa
función de mestre en A Rúa , este ano ten programado o seu primer traballo
discográfico con acordeón en colaboración con instrumentistas e algún de seus
alumnos .
A
partir do ano 1992 forman o dúa de acordeóns tocando en todas as edicions do
día mundial do acordeón en Bembrive , na TVG , Portugal , centros culturais de
toda a comarca , festas gastronónicas etc.
Jaime
Vilas naceu en San Andrés de Lourizan Pontevedra , ten estudos de piano,
violín no conservatorio de Pontevedra , o acordeón da man do mestre , Arturo Bastos
de Cabral (Vigo). Iníciase no acordeón aos 9 anos de idade. (Da man
dos mestre profs. Poceiro e Arturo Bastos) e ten feitas numerosas colaboracións
de acordeón no cine e na TVG:
- Son
de Acordeón na Banda Sonora da película Sempre Xonxa do director
Chano Piñeiro.
- Actuacións
en directo en programas: Luar, Noite de estrelas, Veciños, etc.
- Acompañamento
de piano a diversos artistas en directo.
Tamen
fai a produción do CD de música étnica: Montain Ama, Taiwan.Taiwanese
Aboriginal - Music from The Tsou Tribe.
Profesor
e co-fundador do Centro de Estudos de Música Moderna de Pontevedra.1986.
Na
actualidade imparte clases de ensino musical á vez de tocar en
formacións de jazz e música standard, tamén asiste con frecuendia
aos programas da TVG onde acompaña a diversos artistas en directo e participa
como músico solista.
Este recital enmárcase no ciclo ‘Pontegal’ da
Deputación de Pontevedra. No acceso á actividade os socios do Ateneo achegan
unha doazón de 1 euro; 2 euros no caso dos non socios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario