Acto:
Homenaxe a Francisco Carballo
Día: 29 de novembro
Hora: 20h
Lugar: Alameda Rosalía de castro
Organiza: Almuinha
Día: 29 de novembro
Hora: 20h
Lugar: Alameda Rosalía de castro
Organiza: Almuinha
Este
martes día 29 de novembro a A.C. Almuinha organiza un pequeno e
sinxelo acto de lembranza da figura de Francisco Carballo Carballo,
coincidindo coa data do seu pasamento.
O
acto terá lugar na Alameda Rosalía de Castro de Marín ás 20:00h.
e consistirá nunha ofrenda floral e na lectura dunhas breves
palabras coas que a asociación lembrará, e dalgún xeito
homenaxeará a Francisco Carballo.
Almuinha
contará ademais coa participación do grupo “Os de Marín” que
interpretarán dúas pezas: A Marcha do Antigo Reino de Galiza e o
Himno Galego.
Francisco
Carballo naceu en Maceda no ano 1925 e finou en Salamanca o 29 de
novembro de hai 2 anos, en 2014. Escritor, profesor, historiador,
sacerdote e teólogo, a súa vida estivo marcada polo seu profundo
compromiso coa Terra.
Foi
unha persoa moi vinculada a Marín, xa que estivo durante moitos anos
no colexio San Narciso, como profesor e aínda como director do
centro algún anos.
Con
16 anos foi estudar a Madrid cos Padres Paúles onde estaría 4 anos,
até que marchou a Cuenca para seguir os seus estudos
filosófico-teolóxicos outros 4 anos máis, e máis tarde
licenciouse en Historia cun Sobresaliente pola Universidade
Complutense de Madrid.
O
seu forte compromiso coa Terra levouno a participar intensamente da
cida cultural, relxiosa e política galega.
Foi
un dos fundadores do semanario A Nosa Terra en 1977, xornal de
referencia no movemento nacionalista galego e un colaborador
constante en innumerábeis ámbitos.
No
ano 1979 presentouse como candidato ao Senado polo BNPG e en 1981 foi
condenado a 6 meses de prisión e a unha multa por calumnias á
policía na obra colectiva “Historia de Galicia”
Autor
dun bo número de libros, nos que tratou diferentes temáticas como
os relacionados coa igrexa galega, a historia de Galiza e figuras
importantes da nosa historia como Castelao, Alexandre Bóveda, Martín
Sarmiento, Moncho Reboiras ou Xosé Chao.
A
súa meirande produción escrita foi en galego, como non podía ser
doutro xeito, debido ao seu forte compromiso con Galiza e cos seus
sinais de identidade, mais tamén deixou algunha publicación en
castelán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario