5 dic 2016

XII Semana do Mar

Acto: XII Semana do Mar
Día: do 5 ao 11 de decembro
Hora: 20h
Lugar: Casa da Cultura de Seixo
Organiza: Grupo Cultural Ronsel e Chirleu
A asociación de pescadores de Aguete “Chirleu” e o Grupo Cultural Ronsel organizan a XII Semana do Mar na Casa da Cultura de Seixo do 5 ao 11 de decembro.
Nesta Semana do Mar, enfocada aos espazos museísticos, as e os asistentes poderán gozar de exposicións, conferencias, proxeccións e visitas.
Así, o luns 5 de decembro, a partir das 20h, abriranse as xornadas coa exposición “Os oficios do mar” cedida pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Curturmar).
O martes, 6 de decembro, ás 9:30h da mañá, haberá unha excursión para visitar o Museo Casa do Barco de Vila do Conde en Portugal.
O mércores, 7 de decembro, ás 20h a Casa da Cultura de Seixo acollerá unha conferencia de José Castaño sobre "Para ser grumete. Unha experiencia na divulgación da historia marítima"".
O xoves, 8 de decembro, ás 20h, proxectarase o documental “Mercaderes e baleeiros. Unha experiencia de ultramar” do programa Crónicas da Televisión Española.
O venres, 9 de decembro, ás 20h, haberá unha conferencia a cargo de José Escalante González sobre a "Xénese do museo da pesca e o salga. Salgadoiros de Moreiras no Grove".
O sábado, 10 de decembro, ás 18h, a directora do Museo Masso de Bueu, Covadonga López de Prado Nistal, falará da súa experiencia no museo durante unha conferencia titulada “O Museo que medrou dentro dunha fábrica de conservas”.
O domingo, 11 de decembro, para clausurar a Semana do Mar os dous colectivos preparan dúas actividades. A primeira delas consistirá nunha saída ao mar nunha embarcación tradicional de vela desde o porto de Aguete ás 11h. Deixando para ás 18h da tarde a proxección de dous documentais de Victor Gallego e Brunio Ordóñez: "Cadernos de historia, arte e oficio da dorna", (2014) de Víctor Gallego e Bruno Ordóñez, e "Traíñas" (2016).


No hay comentarios:

Publicar un comentario