24 nov 2016

Mercado Solidario Marín 3R (Reutilizar, Reciclar, Regalar)

Acto: Mercado Solidario Marín 3R (Reutilizar, Reciclar, Regalar)
Día: 4 de decembro
Hora: a partir das 11h
Lugar: Multiusos da Praza de Abastos
Organiza: Asociación de Mulleres O Abeiro
O vindeiro domingo 29 de novembro a Asociación de Mulleres O Abeiro celebrará unha nova edición do seu Mercado Solidario Marín 3R (Reutilizar, Reciclar, Regalar) desta volta na súa edición de inverno.
Este mercado que puxo en marcha a asociación de mulleres vai pola súa 9ª edición amosando o acerto na súa organización cando con cada edición se aumenta o número de postos e a asistencia de máis público.
No mercado que comezará a partir das 11 da mañá poderanse intercambiar e comprar produtos de segunda man, e tamén doar todas aquelas cousas que xa non se usen e que outras persoas poidan utilizar. En tempo de crise a solidariedade é un apoio preciso para que todas as persoas poidan seguir adiante, por iso desde O Abeiro animan a veciñanza a participar nesta iniciativa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario