Concerto de Brais Calles
Día: 1 de xuño
Hora: 20:30h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O Ateneo Santa Cecilia
organiza na súa sede social este venres 1 de xuño ás 20:30h un concerto do
músico vigués Brais Calles.
Este músico de formación
tradicional ofrecerá un concertó de handpans, unha nova e peculiar familia de
instrumentos de enxeñosa capacidade melódica, baseada na resonancia armónica do
aceiro.
Brais Calles, despois de
unha longa traxectoria formativa, comeza a tocar este instrumento no ano 2009
ao mesmo tempo que forma parte de bandas como Akiba Jazz, Black Iguana e
Jasmine Seinuk coas que actúa en Barcelona e outras localidades. No 2014 debuta
con Sycon Pan e Music Within, no Brunel Museum Thames Tunnel de Londres, no
2016 regresa a Galicia para participar no espectáculo Redes do Ensemble Galería
de Alejandro Garrido arranxando obras de Stravinski e Ligeti.
A mediados do 2017 presenta
o seu primer traballo como solista no que adapta e interpreta a J.S. Bach,
Beethoven, Debussy e Badalmenti entre outros, facendo xiras por diversos
festivais e teatros, onde realiza unha labor pedagóxica enfocada a divulgación
deste aínda descoñecido instrumento.
No concertó poderase
escoitar diversas melodías de música clásica interpretadas con este curioso
instrumento.
A entrada ao concerto será
libre ata completar a máxima capacidade do local.
No hay comentarios:
Publicar un comentario