24 may 2018

Xornadas ambientais do Ateneo


Xornadas ambientais do Ateneo
Día: 5-6-7 de xuño
Hora: 20:30h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
Con motivo da celebración do día mundial do Medio, o día 5 de xuño, o Ateneo Santa Cecilia de Marín como Centro Azul outorgado pola Adeac en 2017 e renovado para este ano 2018, durante os día 5, 6 e 7 de xuño do 2018 organiza unhas "Xornadas Ambientais", con entrada libre a todas as charlas que se celebrarán na propia sala do Ateneo na Rúa do Forno 42, baixo ás 20:30h.
  • O 5 de xuño Antón Rey dará unha charla titulada "Os océanos e os mares. Residuos mariños".
  • O día 6 de xuño intervirá Miguel Pardellas Santiago que impartirá unha conferencia "Buscando solucións aos incendios forestais. O proxecto batefogo e o papel da veciñanza na prevención". 
  • O día 7 de xuño o Ateneo contará coa presenza de Yolanda Maldonado Vidal, quen ofrecerá a charla titulada "Experiencia nunha ecogranxa escola. Armonía do home coa Natureza e o Cosmos".
Tamén están programadas, desde o luns día 4 ao xoves día 7, distintas proxeccións de  documentais, relacionados co medio para escolares, na sala do Ateneo durante horario de mañá.
Desde o Ateneo Santa Cecilia queren contribuír á difusión pedagóxica e á educación ambiental, co obxectivo de mellorar a nosa cultura e así axudar a conservar moito mellor a nosa contorna natural, sensibilizar a nenos e maiores sobre a necesidade de coidar o medio mariño, os montes, a beleza paixasística, preservar os nosos cultivos ecolóxicos e especies autóctonas, contribuíndo deste xeito a deixarlle aos nosos descendentes un mundo moito máis habitable e limpo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario