23 nov 2016

Homenaxe a Francisco Carballo

Acto: Homenaxe a Francisco Carballo
Día:  30 de novembro
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Amigos de Francisco Carballo
O grupo autodenominado “Amigos de Francisco Carballo” organizan unha serie de actos commemorativos do segundo cabodano da morte do que foi profesor no colexio San Narciso, finado o 29 de novembro de 2014.
Un dos actos do programa é unha charla, que conta coa colaboración do Club de Opinión Portocelo, correrá a cargo do exdirector do diario “A Nosa Terra”, Alfonso Eiré, escritor e xornalista, que terá lugar o 30 de novembro no Museo Manuel Torres ás 20h.
O Padre Carballo deixou unha importante pegada en diferentes colectivos sociais de Galicia. Ademais conta cun grande número de alumnos que atenderon as súas clases no teologado San Vicente de Paul en Salamanca, no Instituto Teolóxico Gaudium et Spes, e na  Escola Universitaria de Maxisterio de Vigo. Especilizado en historia da Igrexa en Galicia, e –como el dicía -  Partindo de Xesús de Nazaré, da súa vida e da súa palabra Francisco Carballo defendía que  igrexa e a mensaxe cristiá deben de dialogar con todos personalmente e coa sociedade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario