26 may 2018

Presentación de “Doce cartas a María Victoria Moreno”


Presentación de “Doce cartas a María Victoria Moreno”
Día: 8 de xuño
Hora: 20:30h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O Ateneo santa Cecilia continua coa súa programación relacionada co Días das Letras Galegas, coa presentación este venres 8 de xuño do libro “Doce cartas a María Victoria Moreno” da escritora Ánxela Gracián.
Este libro é unha biografía novelada, narrada por un dos personaxes máis queridos e entreñables de María Victoria, o lobo Garimoso, ese que no seu libro mar adiante pasa varias noites coa nena Mariquiña sen papala, porque ela o soñou bondadoso.
Garimoso inicia a lectura de todo os libros de María Victoria Moreno, tanto os escritos por ela como os que dela se escribiron, e logo de mergullarse nesa lectura fascinante, decide mandarlle estas doce cartas nas que percorre a vida e obra desta interesante escritora galega a pesar de nacer en Extremadura.
Ánxela Gracián é unha prestixiosa escritora de literatura infantil e tradutora , con numerosas traducións ao galego como "Memorias de Adriano", "Corto Maltés" ou "Balada do mar salgado". Gañadora da VII edicción do premio Plácido Castro pola súa tradución de "A Illa misteriosa" de Julio Verne.
O acto comenzará ás 20.30h na sala do Ateneo Santa Cecilia, sito na Rúa do Forno nº42 baixo, Marín a entrada será libre como de costume.


No hay comentarios:

Publicar un comentario